Actividades Infantís

A invisibilidade de mulleres referentes e a falta de personaxes femininos independentes, divertidas e aventureiras é un feito. Coas nosas historias e actividades, intentamos compensar esa falta.

Tanto para público infantil como para o conxunto familiar, ofrecemos actividades, según idades.

 

Educación Infantil

  • AS CAIXAS DA SABIDURÍA. UNHA VIAXE NO TEMPO.  Unha exploradora viaxeira no tempo virá a contarnos historias, de xeito interactivo, sobre persoas interesantes e importantes que coñeceu nas súas viaxes.
    Con esta actividade pretendemos crear novas e novos referentes (sobretodo mulleres e tamén novas masculinidades) para nenas e nenos con persoas reais da nosa historia.  Para público infantil dentre 4 e 12 anos.

  • AS AVENTURAS DE PIPPI MEDIASLONGAS. A mismísima Pippi virá a contarnos algunhas das súas aventuras.
    A través desta representación poremos en valor a figura dunha personaxe clásica da literatura que rompe cos estereotipos sexistas, así como visibilizaremos á súa escritora ASTRID LINDGREN. Para público infantil entre 4 e 12 anos.

  • CONTACONTOS DE MULLERES IMPORTANTES. Contamos uns contos moi especiais porque estes... non son inventados, son moi reais. Así poderás coñecer escritoras, inventoras, descubridoras, artistas, científicas... e como chegaron a ser e a facer o que fixeron.

  • CONTOS PARA DÍAS ESPECIAIS E/OU TEMÁTICAS CONCRETAS. Contacontos adaptados a temáticas concretas: emocións, diversidade, paz, coidado do medio ...

    A duración é de 50 minutos aproximadamente. 

Educación Primaria

  • CONTACONTOS: Pippi Medias Longas; as caixas da sabiduría; historias de mulleres referentes e outras historias á medida (ver descrición en ed. Infantil).

  • OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo...

  • XOGOS DE PISTAS. Coa temática de igualdade ou algunha outra temática de educación en valores, totalmente personalizado, a demanda.

  • OBRADOIROS DE SEXUALIDADE INTEGRAL. Consentimento, prevención de abusos, coñecemento dos corpos, relacións sexuais, pracer, reproducción, menstruaición... Para todos os cursos.

    A duración é dentre 50 e 90 minutos aproximadamente.

Educación Secundaria

  • OBRADOIROS DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE. Desmitificación do amor romántico, ruptura de estereotipos, novas masculinidades, sexualidade, análise da música actual, o papel das mulleres nas RRSS e internet, violencia de xénero, visibilización de mulleres referentes ...

  • OBRADOIROS DE XOGOS DE MESA. Obradoiros á medida onde os xogos de mesa serán os protagonistas: xogos feministas, cooperativos, xigantes, divertidos, rápidos, de cálculo...  Incluso poden ser obradoiros interxeneracionais e integrar a outros membros da familia: pais, nais, avós e avoas, irmáns e irmás máis pequen@s...

  • XOGOS DE PISTAS: ESCOLA DE DETECTIVES ENOLA HOLMES.  O xogo consiste nunha búsqueda con ou sen teléfonos móbiles, mapas e outros elementos para descifrar un misterio e conseguir entrar na prestixiosa escola de detectives de Enola Holmes.

  • OBRADOIROS DE SEXUALIDADE INTEGRAL. Consentimento, coñecemento dos corpos, relacións sexuais, pracer, reprodución, menstruación, consumo de pornografía, ruptura de mitos do amor romántico, delitos sexuais e ciberdelitos...

    A duración é dentre 50 e 90 minutos.

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com