Nos centros educativos cada vez son máis habituais as actividades e proxectos relacionados coa Igualdade de Oportunidades. Non obstante, o profesorado precisa de actualización e formación, así como en ocasións asesoramento, para poder levalos a cabo de xeito efectivo e con verdadeira perspectiva de xénero. Dende Coeducontando contamos con experiencia tamén no ámbito da Educación Formal e propomos as seguintes accións formativas:

  • IGUALDADE E COEDUCACIÓN (entre 5 e 30 horas).  Conceptos básicos de igualdade de xénero. Que son e como caemos nos estereotipos sexistas.Que é a coeducación e como se aplica no centro educativo. Análise de situacións desiguais concretas e como revertilas. Prevención de violencias machistas nas aulas.
  • BIBLIOTECAS VIOLETAS (entre 2 e 10 horas). Claves para a selección de libros que promovan valores positivos e que non conteñan estereotipos sexistas. Como levar a cabo proxectos concretos de igualdade dende as bibliotecas.
  • COLES VIOLETAS (entre 5 e 30 horas). Consellos para deseñar a túa aula, o teu centro, as túas actividades e unidades didácticas con perspectiva de xénero. Creación dun patio Coeducativo. Proposta de actividades coeducativas.
  • TERTULIAS LITERARIAS DIALÓGICAS (entre 2 e 5 horas)Que son e como aplicalas no centro educativo. Como fomentar o espíritu crítico e a reflexión a través dos clásicos da literatura.
  • ASESORAMENTO PARA LEVAR A CABO SUBVENCIÓNS DE IGUALDADE. Como redactar os proxectos e como levalos a cabo. Proposta de actividades.

 

As formacións non son pechadas, adaptámonos ao grupo. 

Formamos a todo tipo de profesionais do ámbito educativo, tanto formal como non formal. 

Poden ser PRESENCIAIS o ONLINE.

© 2024 Coeducontando

contacto@coeducontando.com